Espazo colaborativo de recompilación de materiais de Lingua galega e literatura para secundaria.
Presentación elaborada por Sofia Rama arredor das distintas facetas profesionais do autor homenaxeado nas Letras Galegas 2012.
Proposta didáctica para traballar nas aulas as sms e outros soportes comunicativos como elementos normalizadores, recollida nunha presentación elaborada por Estefanía Mosquera para as Xornadas de Lingua e Literatura, 2012.
Presentación sobre a presenza da muller na Literatura Galega, que Mercedes Queixas elaborou para as Xornadas de Lingua e Literatura, 2012
A versión cinematográfica (Erik Gustavson, 1999) da novela do noruegués Jostein Gaarder, que conxuga o misterio coa historia da filosofía.
Ilustración de frases feitas de uso común nuns atractivos vídeos creados polo Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago de Compostela.
Series de actividades creadas con Ardora polo profesor Xosé Maneiro e aloxadas en Dropbox. Elaboradas especificamente para 1º ESO, pero poderían empregarse tamén en 3º de PDC. Están conectadas coas presentacións dos contidos correspondentes.
Esta guía de lectura está concibida para o seu aproveitamento didáctico con alumnado que curse 2º ciclo da ESO e calquera dos dous cursos de BACHARELATO.
Sitio web con contidos orientados a conseguir soltura na manipulación de matrices e determinantes usando o Método de Gauss ou de triangulación.