Video proxectado na entrega dos premios 8 de marzo, do DÃa da Muller Traballadora, que a CIG concedeu este ano a Berta Castaño pola súa loita na Fundación para o Fomento da Clidade Industrial da Xunta de Galiza.
Esta entrevista á profesora e escritora Teresa Moure quere reflexionar e botar luz sobre a importancia da utilización dunha linguaxe non sexista, a constatación da existencia dun teito de cristal, a reprodución no ámbito escolar dos estereotipos patriarcais ou sobre a coeducación como ferramenta fundamental para o conxunto da sociedade.
O dÃa 8 de marzo conmemórase o DÃa Internacional da Muller. Con este motivo, a CIG-Ensino elaborou un número especial do boletÃn CIG-Informa que contén unha proposta didáctica para a aula, coa intención de ofrecer unha nova ferramenta para a reflexión e o traballo co alumnado. Para visualizalo, pica na imaxe.
Dúas unidades didácticas (en pdf) elaboradas pola CIG-Ensino.
Tamén en versión páxina: Unha palabra propia e O conto da nena que quixo contar outra historia.