Marta Rodríguez Engroba presidenta da Asociación lucense contra a violencia de xénero "Si hai saída"
Saír do círculo é posible
Presentación sobre a presenza da muller na Literatura Galega, que Mercedes Queixas elaborou para as Xornadas de Lingua e Literatura, 2012
Esta entrevista á profesora e escritora Teresa Moure quere reflexionar e botar luz sobre a importancia da utilización dunha linguaxe non sexista, a constatación da existencia dun teito de cristal, a reprodución no ámbito escolar dos estereotipos patriarcais ou sobre a coeducación como ferramenta fundamental para o conxunto da sociedade.
As mulleres no sistema educativo galego: algunhas claves para pensar as traxectorias persoais e os novos e vellos modelos profesionais. Marta Lois, profesora na Facultade de Ciencias Políticas na Universidade de Santiago de Compostela.
O día 8 de marzo conmemórase o Día Internacional da Muller. Con este motivo, a CIG-Ensino elaborou un número especial do boletín CIG-Informa que contén unha proposta didáctica para a aula, coa intención de ofrecer unha nova ferramenta para a reflexión e o traballo co alumnado. Para visualizalo, pica na imaxe.
Esta guía de lectura está concibida para o seu aproveitamento didáctico con alumnado que curse 2º ciclo da ESO e calquera dos dous cursos de BACHARELATO.
Estudo elaborado pola CIG-Ensino sobre a participación das mulleres nas direccións dos centros educativos.
Texto premiado na edición de "Tíralle da lingua" do 2009 (AS-PG). Nel Vanesa Feijó, alumna de 2º da ESO no CPI Alfonso VII, fai unha reflexión sobre a educación sexista. Aproveitable para o traballo na aula sobre este tema.