Espazo colaborativo de recompilación de materiais de Lingua galega e literatura para secundaria.
Presentación elaborada por Sofia Rama arredor das distintas facetas profesionais do autor homenaxeado nas Letras Galegas 2012.
Proposta didáctica para traballar nas aulas as sms e outros soportes comunicativos como elementos normalizadores, recollida nunha presentación elaborada por Estefanía Mosquera para as Xornadas de Lingua e Literatura, 2012.
Presentación sobre a presenza da muller na Literatura Galega, que Mercedes Queixas elaborou para as Xornadas de Lingua e Literatura, 2012
Ilustración de frases feitas de uso común nuns atractivos vídeos creados polo Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago de Compostela.
Esta guía de lectura está concibida para o seu aproveitamento didáctico con alumnado que curse 2º ciclo da ESO e calquera dos dous cursos de BACHARELATO.
Monográfico da AELG dedicado a Uxío Novoneyra. Con estudos de Antonia López, Emilio Xosé Ínsua, Pilar García Negro, Teresa Seara, etc., textos de creación en homenaxe, entrevista, documentos fotográficos...
Emprega o zoom para ler o texto.
Deseño dunha tarefa de produción de diálogos animados coa ferramenta Xtranormal, destinada neste caso ao alumnado do módulo Competencia Comunicativa e Dixital.
Un exemplo de monólogo:
Unha secuencia de traballo coa prensa escrita e audiovisual na aula.
Diferentes poemas de Os Eidos recitados por Manuel Ribeira, Diego Pardo, Comba Campoy, Xabier Vásquez Freire, etc., nunha iniciativa da AS-PG.
Velaquí o primeiro dunha serie de 27 textos: