Series de actividades creadas con Ardora polo profesor Xosé Maneiro e aloxadas en Dropbox. Elaboradas especificamente para 1º ESO, pero poderían empregarse tamén en 3º de PDC. Están conectadas coas presentacións dos contidos correspondentes.
Esta guía de lectura está concibida para o seu aproveitamento didáctico con alumnado que curse 2º ciclo da ESO e calquera dos dous cursos de BACHARELATO.
Climántica é un proxecto de Educación Ambiental en rede co obxectivo básico de intercambiar ideas e experiencias, xerar produtos didácticos interdisciplinares, enriquecer o currículo de Educación Ambiental e abordar as principais problemáticas ambientais relacionándoas co cambio climático.
Unidade didáctica elaborada por Anxo Gómez que permite mergullar, coa perspectiva dun rapaz, na situación do mundo rural actual.